Somos os sospeitosos de asasinar aos "xes" ; nos pensamos nos eses, os xes, pra nos, son simplemente inesistentes, son duas raias as cales se cruzan sen sentido; nós so reivindicamos os nosos dereitos, que case sempre se ven avolidos polos "xes".
Aqui vos vai unha mostra da nosa literatura sen "xes". Desssssfrutadea.
O INMORTAL
Ás veces
penso na vida.
Penso no que sufrín
e no que me queda por sufrir.
Logo penso
e dígome:
Tamén haberá momentos bos, non?
Pero boto contas
e non me cadra,
vale a pena tanto sufrimento
para despois morrer e ser esquecido?
Vale a pena tanto esforzo
por unha mísera recompensa
á que algúns chaman felicidade?
Eu non o sei
e por iso escribo,
coa esperanza de que algún día
cando non estea aquí,
alguén me lea e me faga renacer.